jueves, 11 de octubre de 2018

ILLAS CÍES, AS ILLAS DA NATUREZA




O 4 de outubro fomos a unha actividade na "Porta do Sol". Este taller, organizado polo Concello de Vigo e de título "Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade", consistiu en realizar 6 actividades mentres aprendemos sobre estas illas xogando.

As actividades trataron sobre a fauna, a flora, as  paisaxes, os animais, a pesca... Ensináronnos as distintas correntes de auga a través dun experimento de tinta china, os beneficios da fertilización das gaivotas coas súas feces, a diferenciar as distintas paisaxes das illas e a conservalas, e as múltiples formas de pesca.

Ao rematar recibimos uns espectaculares agasallos.

Foi unha saída fantástica!! Pasámolo moi ben!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario