viernes, 30 de noviembre de 2018

Rumbo ao Oceanográfico

O 30 de novembro celebramos o día da acuicultura indo ao Instituto Oceanográfico de Vigo, onde recibimos o premio polo concurso de cociña no que participamos.
Foi unha visita moi interesante, xa que apredemos moitas cousas relacionadas co mar e coa acuicultura. Puidemos aprender cantos anos ten un peixe extraendo e analizando os otolitos, como diferenciar a un macho dunha femia, vimos peixes criados por acuicultura, observamos por un microscopio os seus alimentos... Foi unha visita incrible na que aprendemos moitas cousas.




martes, 20 de noviembre de 2018

A pleno pulmón

Un día como outro calquera, chegamos a clase e que nos atopamos??  UNS PULMÓNS!!
Si, estades a ler ben. Nunha das mesas había uns pulmóns de cerdo.

Cando o vimos pensamos moitas cousas, que era estraño, agradable, desagradable... a algún deunos grima... Pero nada nos impediu tocar os pulmóns e inflalos empregando un tubo que facía de tráquea.

Foi una gran experiencia xa que puidemos comprobar e experimentar o que estudáramos hai uns días. Comprendimos que son os bronquiolos, como é a capacidade dun pulmón, puidemos tocalo para comprobar a textura...

So podemos dicir que nunca nos esqueceremos desta experiencia e como funciona o aparello respiratorio.

































lunes, 12 de noviembre de 2018

Larpeiros no Laxeiro


Os nenos e nenas de sexto curso imos participar nun concurso de receitas que teñen como ingrediente principal un produto de acuicultura.

Primeiro elaboramos o nso propio recetario. Logo escollemos dúas receita que puidéramos elaborar na clase e por último levámolas acabo.

O resultado foi  este, espero que vos guste. 

Bo proveito




lunes, 5 de noviembre de 2018

Colle aire e respira

A pasada semana pasada fixemos un experimento na clase empregando os seguintes materiais:
  •         3 globos e guante de látex.
  •          Unha botella de plástico
  •         1 guante de látex
  •         Celo
  •         2 palliñas
  •         Un anaco de plastilina
Que fixemos con todo iso?  Un experimento relacionado co sistema respiratorio.





Puxémonos mans a obra e seguimos as instrucións indicadas.  Ademais, como bos científicos que somos, completamos unha ficha técnica sobre o experimento.




Foi una actividade moi divertida, coa que repasamos as partes do sistema respiratorio e o seu funcionamento.