miércoles, 24 de octubre de 2018

Etiquetado dos alimentos


Seguimos traballando co proxecto Come san, medra feliz e hoxe tivemos a sorte de recibir, dende o programa Cores, unha charla sobre o etiquetado dos alimentos.

Analizamos varias etiquetas de produtos reais, aprendemos cales son os elementos que debe ter unha etiqueta, como ler a información dos nutrientes e que aspectos do produto débense indicar nela.

Para rematar organizámonos en pequenas empresas e deseñamos o noso propio produto coa súa correspondente etiqueta. Foi un traballo moi divertido e sobre todo moi creativo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario