viernes, 20 de diciembre de 2019

GOT PLANET



Como xa sabedes, este ano o noso lema é o coidado no medio ambiente. Por iso nas clases de lingua galega, decidimos converternos en poetas-raperos e compor unha poesía na que o tema principal fora o coidado do planeta Terra.

Para iso o primeiro que fixemos foi buscar palabras que rimasen entre elas, e formar pareados. Pouco a pouco fomos construíndo e dándolle forma as nosas creacións.
A continuación, como estudaramos algúns recursos poéticos como a personificación e a comparación, decidimos incluílas nas nosas poesías.
O seguinte paso foi crear uns carteis para dar a coñecer os nosos traballos. E por último puxémoslle voz a os nosos versos. Despois do Nadal poderedes escoitar as nosas creacións.
Aquí tendes algúns exemplos.

Faladoiro de Nadal



Rematamos este último día de trimestre celebrando o tradicional faladoiro de Nadal. Para a nosa actuación escollemos a canción Do it now, a cal, ao ritmo de bella ciao, quixemos concienciar da importancia que ten o medio ambiente e da labor que temos que levar a cabo todos nós para coidalo, conservalo e conseguir un futuro mellor.

Esperamos que disfrutedes da nosa actuación. 





Unha actividade moi doce





Galletas de manteiga
Despois dos exames de tanto traballo e esforzo, que mellor maneira de recuperar folgos que cociñando unha deliciosas galletas de manteiga na nosa cociña?
Puxémonos man á obra, o primeiro de todo foi buscar a receita que queriamos elaborar. Unha vez escollida, lémola detidamente para levala a cabo dun xeito apropiado.
Tras mesturar os ingredientes e deixar arrefriar a masa durante unhas horas, amasamos e demos forma ás nosas galletas. O último paso foi cociñalas no forno e decoralas con azucre e virutas de chocolate.
Non quedou nin unha. Estaban moi ricas!














jueves, 19 de diciembre de 2019

A Cumbre do Clima



Seguimos co noso lema ECOLAXEIROS: MISIÓN SALVAR A TERRA, e coincidindo coa Cumbre do Clima que se celebrou en Madrid, decidimos analizar as noticia publicadas nun xornal para facer un traballo con elas.

Cada equipo seleccionou unha noticia, a leu e escolleu un título axeitado para a mesma. A continuación pensaron nas palabras clave que representasen o contido da noticia.
Aquí podedes ver os resultados.









lunes, 25 de noviembre de 2019

Deportes adaptados



O 21 de novembro visitamos o pavillón das Travesas onde nos reunimos nenos e nenas de varios colexios para realizar un taller de deporte adaptado. A asociación ENKI organizou varias actividades como tenis en cadeira de rodas, fútbol para cegos, voleibol sentados no chan, cicliosmo para persoas con movilidade reducida...
Foi moi entretido realizar todas as actividades, pero o que máis nos chamou a atención foi a forza e o adestramento que fan falta para poder levalos a cabo.
Non temos máis que palabras de agradecemento para eles por compartir connosco esta gran experiencia. 







domingo, 17 de noviembre de 2019

O Magosto chegou ao Laxeiro



O venres 15 de novembro celebramos a tradicional festa do magosto. Este no comemos as castañas no colexio e despois xogamos a xogos tradicionais no patio coma ao brilé, á corda, ás chapas… 
Foi moi divertido e pasámolo moi ben!!





martes, 12 de noviembre de 2019

Sir Francis Drake



¡SIR FRANCIS DRAKE!

Hoy los alumnos de 5º A y 5º B vamos a hacer una ruta por el centro histórico de Vigo, pero mejor os cuento el día desde que comenzó. Eran las 9´00, subimos a clase, al llegar a clase Marta nos repartió las pañoletas, sobre las 9’35 el autobús nos recogió.  Cuando llegamos al castro, 2 guías nos contaron un poco la historia de Vigo. Nos hablaron del corsario más conocido de la historia Francis Drake. Luego bajamos por el Casco Antiguo y allí nos encontramos a Francis Drake. Al principio no entendimos lo que decía porque lo expresaba en inglés, pero después empezó a hablar su poquito de español y le entendimos que quería decirnos que deseaba que lo acompañáramos a la biblioteca de Vigo, el antiguo Ayuntamiento. Al llegar, nos pusieron varios vídeos, al acabar nos despedimos de: ¡Sir. Francis Drake!
Nos dirigimos al Berbés donde una guía nos explicó las plazas más importantes del Casco Antiguo. Después nos recogió el autobús y pusimos rumbo al colegio. Marta nos dejó salir un poco a jugar y luego subimos a clase para recoger nuestras cosas e irnos a casa.
Ha sido una excursión entretenida porque Francis Drake era muy gracioso e hizo que la visita fuera muy divertida.
Manuel Rodríguez 5º A












miércoles, 30 de octubre de 2019

Trick or treat



Chegou o Samaín e para celebralo tivemos a sorte de escoitar un conto de Terror, contado por Morgan, a nosa auxiliar de conversa.
Ao rematar fixemos a tradición do Truco ou Trato, tendo que responder ás preguntas que nos fixo Morgan. Todos desfrutamos das deliciousas lambetadas que nos agasallou ao rematar a actividade.


Seguridade Vial


Sabemos o importante que é respectar as normas de tráfico tanto se somos peóns como se somos conductores, así que colaboramos coa Policía durante un ratiño para concienciarnos da importancia que ten cumprir as normas e reducir os accidentes de tráfico.









lunes, 28 de octubre de 2019

Gran Prix Financieiro


Que mellor maneira que aprender a xestionar o noso diñeiro que xogando ao xogo da Oca?
Neste taller decatámonos de que case todo o que utilizamos e facemos no noso día a día custa diñeiro e que eses cartos hai que gañalos traballando.
Tamén aprendemos a distinguir o que é un desexo dunha necesidade e que hai que saber gastar o diñeiro axeitadamente.






jueves, 24 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe visitamos a Biblioteca do centro para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. 

Alí agardábanos un kahoot relacionado coa biblioteca do nos cole e do funcionamiento da mesma.

O mellor de todo foi descubrir que por fin podemos coller libros para lelos na casa.  Estamos desexando ler as aventuras que se agochan entres as súas follas.






jueves, 26 de septiembre de 2019

Día das Linguas Europeas



Hoxe celebramos o Día das Linguas Europeas.
Enchemos os nosos carriños da compra con  palabras de distintos idiomas e para iso buscamos nun traductor palabras que usamos no noso día a día. Tamén escoitamos como se pronuncian.

Foi unha actividade moi divertida e que nos fixo pensar na sorte que temos por coñecer e estudar varios idiomas.