miércoles, 30 de octubre de 2019

Trick or treat



Chegou o Samaín e para celebralo tivemos a sorte de escoitar un conto de Terror, contado por Morgan, a nosa auxiliar de conversa.
Ao rematar fixemos a tradición do Truco ou Trato, tendo que responder ás preguntas que nos fixo Morgan. Todos desfrutamos das deliciousas lambetadas que nos agasallou ao rematar a actividade.


Seguridade Vial


Sabemos o importante que é respectar as normas de tráfico tanto se somos peóns como se somos conductores, así que colaboramos coa Policía durante un ratiño para concienciarnos da importancia que ten cumprir as normas e reducir os accidentes de tráfico.









lunes, 28 de octubre de 2019

Gran Prix Financieiro


Que mellor maneira que aprender a xestionar o noso diñeiro que xogando ao xogo da Oca?
Neste taller decatámonos de que case todo o que utilizamos e facemos no noso día a día custa diñeiro e que eses cartos hai que gañalos traballando.
Tamén aprendemos a distinguir o que é un desexo dunha necesidade e que hai que saber gastar o diñeiro axeitadamente.






jueves, 24 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe visitamos a Biblioteca do centro para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. 

Alí agardábanos un kahoot relacionado coa biblioteca do nos cole e do funcionamiento da mesma.

O mellor de todo foi descubrir que por fin podemos coller libros para lelos na casa.  Estamos desexando ler as aventuras que se agochan entres as súas follas.