viernes, 1 de marzo de 2019

Entroido


Por fin chegou o Entroido! 

Queredes saber de que nos disfrazamos e como o festaxamos? Pois seguide lendo e non perdades detalle. 


O xoves puidemos disfrazarnos libremente e gozamos dunha merenda típica de Entroido onde non faltaron as filloas e as orellas.




















O venres tivemos o desfile tradicional. Este ano, seguindo o lema Come san, medra feliz, todos os disfraces estaban relacionados coa alimentación. Non faltaron os cociñeiros, camareiros, as pirámides dos alimentos, ensaladas e patacas.


Nos, as alumnas e alumnos de sexto disfrazámonos de superheroes saudables e villanos non saudables. 

Ao longo desta semana traballamos moi duro para ter preparados os nosos disfraces: unhas bolsas de plástico, goma eva de cores, lapis, rotuladores e moita ilusión e alegría bastaron para ter os nosos traxes listos para o desfile do venres.

Durante o desfile, baixo a música de Queen, fixemos unha pequena batalla, que finalmente foi gañada polos superheróes. 

Para rematar, todo o cole bailamos a divertida canción "El baile da fruta". 





























Pásamolo XENIAL!