sábado, 12 de enero de 2019

Visita a A Coruña

O venres 11 de xaneiro, chegamos ao colexio con moitas ganas e emoción. Unha gran viaxe nos estaba a agardar. Íamos ir a A Coruña!!

Cheos de ilusión subimos ao autobús, e despois dunha viaxe un pouco longa... Chegamos ao Acuario!  Alí puidemos ver diferentes especies mariñas, pero o que máis nos sorprendeu foi o tiburón Gastón e como alimentaban ás focas.





A continuación fomos ao Domus, onde vimos varios vídeos relacionados coa tecnoloxía e a natureza. Despois experimentamos o material que estaba exposto no museo.











Tras esta visita, recuperamos forzas e enerxía comendo nos arredores da Torre de Hércules.




Sen perder nin un minuto, volvemos ao autobús para dirixirnos á Casa das Ciencias. 

O primeiro que fixemos foi ir ao Planetario, onde puidemos desfrutar duha proxección do ceo e aprender a diferenciar algunhas das estrelas e constelacións máis importantes.

Despois desta interesante exposición, fomos as diferentes salas do museo, onde comprobamos diferentes experiencias físicas.










Pasámolo moi ben, e esperamos con moitas ansias a seguinde saída. 
A onde será??