viernes, 22 de febrero de 2019

CD- CÉLULA



Hoxe rematamos un novo tema de Ciencias Naturais pondo en práctica o aprendido durante estes días.

Fixemos unha célula en 3 dimensións e para iso necesitamos.


  • Un CD
  • plastilina de cores
  • Alkil
  • pincel.
A base da nosa célula será o CD. Elaboraremos as diferentes partes da célula coa plastilina e as pegaremos usando Alkil (parede celular, o núcleo e os órganulos). 

Unha vez estean todas as partes pegadas, faremos o citoplasma e para iso botaremos o Alkil, coa axuda dun pincel, e cubriremos todas as partes da célula de do CD.





Queredes ver cal foi o resultado?




martes, 19 de febrero de 2019

Visita a Facenda


Hoxe fixemos fixemos unha visita a Facenda.

Ao chegar ás oficinas de recíbironnos cos brazos abertos e leváronnos a un salón de actos onde escoitamos unha interesante charla sobre a importancia que ten pagar impostos. 


A través dunha pequena representación comprendemos que ao longo dun día empregamos unha serie de servizos públicos que teñen un coste e que, por sorte, toda a poboación pode gozar deles, como a educación, a sanidade ou a seguridade.


Despois de tomar a merenda, traballadores de diferentes departamentos explicáranos en que consiste o seu traballo e como o desempeñan.

Foi unha visita moi entretida e interesante. Marchamos moi contentos e cun agasallo que sen dúbida utilizaremos moito. 

Moitas grazas!







viernes, 15 de febrero de 2019

TALLER MATEMÁTICO

Rematamos a semana cunha actividade moi especial. Javier, un exalumno do colexio, enxeñeiro e profesor da Universidade veu as nosas aulas para facer unha actividade relacionada coas matemáticas.

Púxonos varios retos que tivemos que resolver o mesmo tempo que aprendemos matemáticas. Foi unha sesión moi divertida e esperamos poder repetir.