miércoles, 31 de octubre de 2018

Terrorificamente saudable


Para celebrar o Samaín fixemos unha merenda moi saudable na clase de plástica.

Convertemos unha mandarina nunha cabaza e fixemos dous fantasmas moi saborosos empregando un plátano e sirope de chocolate.

Pasámolo moi ben e desfrutamos moito comendo as nosas obras.





viernes, 26 de octubre de 2018

EDUCACIÓN VIAL



O venres 19 de outubro e o venres 26 de outubro, as clases de 6º A e 6ºB fixemos unha actividade coa Polocía Nacional sobre educación vial.

Foi unha actividade moi interesante xa que, non so repasamos os diferentes sinais de tráfico, as normas de circulación para os peóns, para os condutores e para os ciclistas se non que tivemos que por en práctica estes coñecementos.

Unha parte da clase converteuse en ciclistas, outros en peóns e outra parte actuou de policías. Estes últimos tiña a función de comprobar se os condutores e os peón cumprían ou non as normas de seguridade vial.

Para rematar fixemos unha valoración das anotacións feitas polos policías e reflexionamos sobre a importancia de cumprir as normas de tráfico.

miércoles, 24 de octubre de 2018

Etiquetado dos alimentos


Seguimos traballando co proxecto Come san, medra feliz e hoxe tivemos a sorte de recibir, dende o programa Cores, unha charla sobre o etiquetado dos alimentos.

Analizamos varias etiquetas de produtos reais, aprendemos cales son os elementos que debe ter unha etiqueta, como ler a información dos nutrientes e que aspectos do produto débense indicar nela.

Para rematar organizámonos en pequenas empresas e deseñamos o noso propio produto coa súa correspondente etiqueta. Foi un traballo moi divertido e sobre todo moi creativo.






jueves, 11 de octubre de 2018

ILLAS CÍES, AS ILLAS DA NATUREZA




O 4 de outubro fomos a unha actividade na "Porta do Sol". Este taller, organizado polo Concello de Vigo e de título "Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade", consistiu en realizar 6 actividades mentres aprendemos sobre estas illas xogando.

As actividades trataron sobre a fauna, a flora, as  paisaxes, os animais, a pesca... Ensináronnos as distintas correntes de auga a través dun experimento de tinta china, os beneficios da fertilización das gaivotas coas súas feces, a diferenciar as distintas paisaxes das illas e a conservalas, e as múltiples formas de pesca.

Ao rematar recibimos uns espectaculares agasallos.

Foi unha saída fantástica!! Pasámolo moi ben!!












miércoles, 10 de octubre de 2018

EXCURSIÓN ILLAS CÍES

 

 O día 4 de outubro fumos ao centro de Vigo para facer unhas actividades sobre o Patrimonio Illas Cíes.
Para comezar, déronnos uns pasaportes para sellar cada taller. Primeiro preguntáronnos: 
Conservamos se usamos? 

Trataba sobre que a acción humana destruía a natureza. Tamén falaba sobre o turismo sostible, que é un turismo controlado.
Despois fixemos unhas actividadaes sobre os paisaxes e outra da fauna e experimentamos coas feces das gaivotas, que servían como abono e descrubrimos por qué a auga da praia en verán é fría.

A verdade e que quedamos ABRAIADOS!!