viernes, 20 de diciembre de 2019

GOT PLANET



Como xa sabedes, este ano o noso lema é o coidado no medio ambiente. Por iso nas clases de lingua galega, decidimos converternos en poetas-raperos e compor unha poesía na que o tema principal fora o coidado do planeta Terra.

Para iso o primeiro que fixemos foi buscar palabras que rimasen entre elas, e formar pareados. Pouco a pouco fomos construíndo e dándolle forma as nosas creacións.
A continuación, como estudaramos algúns recursos poéticos como a personificación e a comparación, decidimos incluílas nas nosas poesías.
O seguinte paso foi crear uns carteis para dar a coñecer os nosos traballos. E por último puxémoslle voz a os nosos versos. Despois do Nadal poderedes escoitar as nosas creacións.
Aquí tendes algúns exemplos.

Faladoiro de Nadal



Rematamos este último día de trimestre celebrando o tradicional faladoiro de Nadal. Para a nosa actuación escollemos a canción Do it now, a cal, ao ritmo de bella ciao, quixemos concienciar da importancia que ten o medio ambiente e da labor que temos que levar a cabo todos nós para coidalo, conservalo e conseguir un futuro mellor.

Esperamos que disfrutedes da nosa actuación. 





Unha actividade moi doce





Galletas de manteiga
Despois dos exames de tanto traballo e esforzo, que mellor maneira de recuperar folgos que cociñando unha deliciosas galletas de manteiga na nosa cociña?
Puxémonos man á obra, o primeiro de todo foi buscar a receita que queriamos elaborar. Unha vez escollida, lémola detidamente para levala a cabo dun xeito apropiado.
Tras mesturar os ingredientes e deixar arrefriar a masa durante unhas horas, amasamos e demos forma ás nosas galletas. O último paso foi cociñalas no forno e decoralas con azucre e virutas de chocolate.
Non quedou nin unha. Estaban moi ricas!














jueves, 19 de diciembre de 2019

A Cumbre do Clima



Seguimos co noso lema ECOLAXEIROS: MISIÓN SALVAR A TERRA, e coincidindo coa Cumbre do Clima que se celebrou en Madrid, decidimos analizar as noticia publicadas nun xornal para facer un traballo con elas.

Cada equipo seleccionou unha noticia, a leu e escolleu un título axeitado para a mesma. A continuación pensaron nas palabras clave que representasen o contido da noticia.
Aquí podedes ver os resultados.