PADLETS

viernes, 20 de diciembre de 2019

GOT PLANET



Como xa sabedes, este ano o noso lema é o coidado no medio ambiente. Por iso nas clases de lingua galega, decidimos converternos en poetas-raperos e compor unha poesía na que o tema principal fora o coidado do planeta Terra.

Para iso o primeiro que fixemos foi buscar palabras que rimasen entre elas, e formar pareados. Pouco a pouco fomos construíndo e dándolle forma as nosas creacións.
A continuación, como estudaramos algúns recursos poéticos como a personificación e a comparación, decidimos incluílas nas nosas poesías.
O seguinte paso foi crear uns carteis para dar a coñecer os nosos traballos. E por último puxémoslle voz a os nosos versos. Despois do Nadal poderedes escoitar as nosas creacións.
Aquí tendes algúns exemplos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario